Monday 13 de May de 2024

Romaría San Roque Nonato


Este xoves, 31 de agosto, Miño celebra a romaría en honra de San Ramón Nonato no lugar de Bra. Como vén sendo costume, ao longo da xornada os asistentes poderán gozar dunha sesión vermú, unha comida campestre e de actuacións musicais.

A programación comezará ás 13:00 horas, coa misa e a posta do Santo, e media hora máis tarde, a sesión vermú, amenizada polo Dúo Maracaibo. Sobre as 15:00 será a comida campestre e a partir das 16:30 actuará Charanga NBA e o Dúo Maracaibo de novo.